Política de privacidade
1. Responsábel do tratamento
O responsábel do tratamento dos datos persoais que poidan recollerse a través desta páxina web é o grupo de investigación GI-1510 Investigación e Desenvolvemento en Artes e Humanidades (IDEAHS), adscrito á Universidade de Santiago de Compostela, con domicilio na Praza da Universidade, 1, 15782 Santiago de Compostela (A Coruña), España.
2. Finalidade do tratamento
Na actualidade, este sitio web non recolle datos persoais mediante formularios, subscricións ou outros medios interactivos.
No caso de que no futuro se habiliten mecanismos de recollida de datos (por exemplo, formularios de contacto ou inscrición), eses datos serán tratados unicamente coa finalidade de xestionar a consulta, solicitude ou participación comunicada pola persoa interesada.
3. Lexitimación
A base legal para o tratamento dos datos persoais será o consentimento explícito da persoa interesada, prestado mediante a aceptación das condicións específicas en cada formulario.
4. Conservación dos datos
Os datos persoais conservaranse unicamente durante o tempo necesario para cumprir coa finalidade para a que se recollen, e eliminaranse de maneira segura cando xa non sexan necesarios.
5. Comunicación de datos
Os datos non se comunicarán a terceiros salvo obrigación legal ou autorización expresa da persoa interesada.
6. Dereitos das persoas usuarias
As persoas interesadas poden exercer en calquera momento os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento e portabilidade, mediante solicitude escrita acompañada dunha copia do seu DNI ou outro documento identificativo dirixida á Universidade de Santiago de Compostela ou a través dos medios que a universidade teña habilitados para este fin.
7. Cambios na política de privacidade
Esta política poderá actualizarse en calquera momento para adaptarse a cambios lexislativos ou á evolución da actividade do grupo. Recoméndase revisar esta sección periodicamente.