Ideahs

Abraham Cea Núñez

IFP

Abraham Cea Núñez

Abraham Cea Núñez (1996) é investigador predoutoral e profesor (PDI) na Universidade de Santiago de Compostela dende 2022. Graduouse en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela (2020) e continuou a súa especialización en teoría cinematográfica e cinema de vangarda a través do Màster en Estudis de Cinema i Audiovisual Contemporanis na Universitat Pompeu Fabra (2021). Impartiu docencia en materias como Historia das Ideas Estéticas, Métodos de Análise e Interpretación do Fenómeno Artístico ou Introdución á Linguaxe Cinematográfica. Actualmente realiza a súa tese doutoral no Departamento de Historia da Arte sobre as prácticas estético-políticas do Guy Debord letrista e situacionista.

É investigador en formación e perfeccionamento (IFP) dentro do grupo IDEAHS (GI-1510) e forma parte do equipo de traballo do proxecto nacional PERMORIA (PID2023-149178NB-I00), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación. Foi parte do equipo de traballo do proxecto nacional DEPARQ (PID2023-149178NB-I00), no que exerceu de revisor científico de publicacións como Psicogeografía, arquitectura y urbanismo (Ediciones Asimétricas, 2022) e organizou e co-organizou seminarios internacionais como Future Ruins (Santiago de Compostela, 2024). Así mesmo, participou a través da Beca de colaboración do Ministerio de Educación (2020) no proxecto nacional MOVEP (PID2021-126930OB-I00), onde editou as Actas del Congreso Internacional Motivos visuales del poder y la esfera pública (UPF, 2022). As súas publicacións científicas (artigos, capítulos de libro, videoensaios), participacións en congresos e seminarios nacionais e internacionais e achegas no campo da divulgación e a divulgación científica mostran interese pola modernidade artística e as súas derivas, a Estética e a teoría da arte contemporáneas e a tradición do cinema experimental e de vangarda.