Axuda Xunta para grupos GRC
Axuda da Xunta de Galicia para grupos de referencia competitiva
- Convocatoria: autonómica
- Código: 2023-PG060
- Organismo financiador: Xunta de Galicia
- Tipo: Concorrencia competitiva
- Convocatoria: Plan Galego IDT
- Programa: Axudas do Programa de Consolidación e Estruturación de Unidades de Investigación Competitivas
- Subprograma: Grupos de Referencia Competitiva. Artes e Humanidades
- Coordinador: Jesús Ángel Sánchez García
- Período desarrollo: 2023-2026
- Más información: Xunta GRC
Axuda para consolidación do grupo IDEAHS como Grupo de Referencia Competitiva, concedida ao cumplir os requisitos de ter polo menos 3 proxectos competitivos activos, cun importe superior a 15.000 € cada un, e ter ingresos medios anuais por actividades de I+D superiores a 80.000 €, no período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 31 de decembro de 2022.
Ademáis, a concesión valorou os artigos en publicacións incluídas en SCOPUS, Web of Science, ERIH, IN-REC, IN-RECJ, DICE e LATINDEX; o número de teses dirixidas ou en dirección; e a participación, como líder de proxecto ou de workpackage, en proxectos do programa marco da UE: polo menos 1 liderado de proxecto. Os resultados acadados nos últimos anos demostran a consolidación das liñas de traballo emprendidas tempo atrás nas áreas de arquitectura, patrimonio, arte contemporánea, estética, cinema e audiovisual, que por suposto son plenamente compatibles co feito de que os diferentes compoñentes do grupo desenvolvan perfís particulares na súa labor investigadora.
De feito, a labor conxunta do equipo está avalada polo financiamento continuado obtido en máis de vinte proxectos de investigación competitivos, polas teses de doutoramento defendidas no seo do grupo, e polo considerable número de publicación, especialmente en formato libro, moitas delas promovidas no seo do grupo e asinadas por un ou varios integrantes (das que as máis recentes foron publicadas en editoriais con presencia nos primeiros postos do SPI como Abada, Trea, CSIC, Dykinson, Tirant lo Blanch, Visor ou Comares).
O grupo integra ademáis 5 membros que forman parte do comité de redacción e dirección da revista Quintana do Departamento de Historia da Arte (ICDS = 9.8 en MIAR), da cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións, da Coordinación do Máster en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte, e do novo Máster en Xestión da Arte e do Patrimonio.