Ideahs

Reflexións decoloniais para un ecosistema artístico

Reflexións decoloniais para un ecosistema artístico

Mércores 6 de maio de 2026, 9:30

Sala de Profesorado. Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela

Reflexións decoloniais para un ecosistema artístico ten como propósito funcionar como un espazo de diálogo, intercambio e reflexión colectiva, desde o que buscamos:

  1. Revisitar a teoría decolonial atendendo a un dobre contexto situado: o de Galicia e o do ecosistema artístico ou cultural entendido nun sentido amplo.
  2. Fomentar un enfoque crítico e disruptivo en relación coas narrativas hexemónicas a través do debate e a confrontación de narrativas.
  3. Enriquecer e pluralizar os métodos de análises e achegamento ao relato e ao exercicio da Historia da Arte, ampliando as perspectivas para xs estudantes e profesionais asistentes.
  4. Xerar debates arredor das cuestións presentadas, co fin de confrontar opinións e xerar conclusións múltiples e plurais.

O seminario articularase en tres mesas temáticas, cuxos obxectivos particulares e organización definiremos a continuación: 

  • 1º Mesa. Metodoloxías de traballo dende unha perspectiva decolonial. Praxis, institucións e marcos epistemolóxicos. A finalidade desta mesa é expoñer diferentes métodos de traballo ou aplicacións da teoría decolonial nos espazos do ecosistema artístico vinculados á xestión e á investigación. Desta maneira, búscase, por unha parte, expoñer a supremacía colonialista dominante na esfera das institucións culturais e os marcos epistemolóxicos que permean disciplinas como a Historia e a historia da Arte no Norte Global e, por outra, aportar visibilidade ás formas de enunciación e gramáticas de pensamento xeradas dende a teoría decolonial.
  • 2º Mesa. Coñecemento situado. Teoría decolonial dende Galicia. Tomando o contexto situado de Galicia, esta segunda mesa pode axudar a responder cuestións como: Que aportacións se dan dende un territorio como Galicia á teoría decolonial? ou, como podemos aplicar a teoría decolonial no noso contetxo inmediato?, que repercusións teñen estas cuestións na historia da arte e cultura galega? Dende o punto de vista social, económico e cultural Galicia adopta unha postura periférica en relación aos centros do Norte Global, non obstante, como integrante deste tamén forma parte do proceso de colonización histórico.
  • 3º Mesa: Pegadas da teoría decolonial nas prácticas artísticas. O propósito desta mesa é reunir a un grupo de artistas próximos á teoría decolonial para que expliquen algúns dos seus traballos atravesados pola crítica decolonial e a perspectiva antirracista. Así, a través dela farase ver o potencial dos traballos artísticos para revelar as desigualdades estructurais e as historias silenciadas, así como a activación de memorias e noticias narrativas.

Pódese solicitar certificado de asistencia cubrindo o seguinte formulario

Organizan: Grupo de Investigación IDEAHS (Universidade de Santiago de Compostela)

 

Programa

9:00 Presentación do Seminario

10:00 Mesa 1: Metodoloxías de traballo dende una perspectiva decolonial. Praxis, institucións e marcos epistemolóxicos [Modera: Miguel Anxo Rodríguez González]

  • Agar Ledo: Revisar la institución desde dentro: la Bienal de Pontevedra como estudio de caso para una práctica curatorial decolonial
  • Suset Sánchez: Una colonialidad estructural en el sistema institucional del Estado español. El caso del Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía y la conformación de una colección de arte latinoamericano
  • María Íñigo: ¿Casablanca o Tanger?

12:00 Pausa-café

12:30 Mesa 2: Pegadas da teoría decolonial nas prácticas artisticas [Modera: Nara Méndez López]

  • Carme Nogueira: Capas no territorio
  • Francisco Godoy: Santiago matamoros, España matanegros, colono mataindios
  • María Thereza Alves: Indianos un-doing the Americas

14:30 Pausa-xantar

16:30 Mesa 3: Coñecemento situado. Teoría decolonial dende Galicia [Modera: Paula González Castro]

  • Zinthia Álvarez Palomino: Descolonizar as institucións culturais e artísticas a través do recoñecemento das historia que nos constitúe
  • María Reimóndez: A casa do amo. O discurso colonial e racista na literatura galega
  • Fran Quiroga: Galiza atravesada

18:45 Peche do seminario

Folleto del evento