Reflexións decoloniais para un ecosistema artístico
Mércores 6 de maio de 2026, 9:30
Sala de Profesorado. Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela
Reflexións decoloniais para un ecosistema artístico ten como propósito funcionar como un espazo de diálogo, intercambio e reflexión colectiva, desde o que buscamos:
- Revisitar a teoría decolonial atendendo a un dobre contexto situado: o de Galicia e o do ecosistema artístico ou cultural entendido nun sentido amplo.
- Fomentar un enfoque crítico e disruptivo en relación coas narrativas hexemónicas a través do debate e a confrontación de narrativas.
- Enriquecer e pluralizar os métodos de análises e achegamento ao relato e ao exercicio da historia da arte, ampliando as perspectivas para as estudantes e profesionais asistentes.
- Xerar debates arredor das cuestións presentadas, co fin de confrontar opinións e xerar conclusións múltiples e plurais.
O seminario articularase en tres mesas temáticas, cuxos obxectivos particulares e organización definiremos a continuación:
- 1º Mesa. Metodoloxías de traballo dende unha perspectiva decolonial. Praxis, institucións e marcos epistemolóxicos. A finalidade desta mesa é expoñer diferentes métodos de traballo ou aplicacións da teoría decolonial nos espazos do ecosistema artístico vinculados á xestión e á investigación. Desta maneira, búscase, por unha parte, expoñer a supremacía colonialista dominante na esfera das institucións culturais e os marcos epistemolóxicos que permean disciplinas como a Historia e a historia da Arte no Norte Global e, por outra, aportar visibilidade ás formas de enunciación e gramáticas de pensamento xeradas dende a teoría decolonial.
- 2º Mesa. Coñecemento situado. Teoría decolonial dende Galicia. Tomando o contexto situado de Galicia, esta segunda mesa pode axudar a responder cuestións como: Que aportacións se dan dende un territorio como Galicia á teoría decolonial? ou, como podemos aplicar a teoría decolonial no noso contetxo inmediato?, que repercusións teñen estas cuestións na historia da arte e cultura galega? Dende o punto de vista social, económico e cultural Galicia adopta unha postura periférica en relación aos centros do Norte Global, non obstante, como integrante deste tamén forma parte do proceso de colonización histórico.
- 3º Mesa: Pegadas da teoría decolonial nas prácticas artísticas. O propósito desta mesa é reunir a un grupo de artistas próximos á teoría decolonial para que expliquen algúns dos seus traballos atravesados pola crítica decolonial e a perspectiva antirracista. Así, a través dela farase ver o potencial dos traballos artísticos para revelar as desigualdades estructurais e as historias silenciadas, así como a activación de memorias e noticias narrativas.
Pódese solicitar certificado de asistencia cubrindo o seguinte formulario
Organizan: Grupo de Investigación IDEAHS (Universidade de Santiago de Compostela)
Programa
9:00 Presentación do Seminario
10:00 Mesa 1: Metodoloxías de traballo dende una perspectiva decolonial. Praxis, institucións e marcos epistemolóxicos [Modera: Miguel Anxo Rodríguez González]
- Agar Ledo: Revisar la institución desde dentro: la Bienal de Pontevedra como estudio de caso para una práctica curatorial decolonial
- Suset Sánchez: Una colonialidad estructural en el sistema institucional del Estado español. El caso del Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía y la conformación de una colección de arte latinoamericano
- María Íñigo: ¿Casablanca o Tanger?
12:00 Pausa-café
12:30 Mesa 2: Pegadas da teoría decolonial nas prácticas artisticas [Modera: Nara Méndez López]
- Carme Nogueira: Capas no territorio
- Francisco Godoy: Santiago matamoros, España matanegros, colono mataindios
- María Thereza Alves: Indianos un-doing the Americas
14:30 Pausa-xantar
16:30 Mesa 3: Coñecemento situado. Teoría decolonial dende Galicia [Modera: Paula González Castro]
- Zinthia Álvarez Palomino: Descolonizar as institucións culturais e artísticas a través do recoñecemento das historia que nos constitúe
- María Reimóndez: A casa do amo. O discurso colonial e racista na literatura galega
- Fran Quiroga: Galiza atravesada
18:45 Peche do seminario