Ideahs

Novas visións urbanas. A pegada das utopías na cidade actual

Novas visións urbanas. A pegada das utopías na cidade actual

Xoves 7 de maio de 2026, 10.00

Sala de Profesorado. Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela

Venres 8 de maio de 2026, 9.00

Aula 2. Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela

Nun contexto de profundas incertezas vencelladas á sucesión das crises económicas e ambientais recentes, faise precisa a reflexión sobre as transformacións dos espazos urbanos e das cidades que lles permitan responder a estes desafíos contemporáneos e recuperar o seu carácter de espazos de vida atractivos e desexados. Neste senso, o eido dos estudos urbanos, do urbanismo e da historia da arquitectura estudan de que xeito as arquitecturas soñadas e os proxectos arquitectónicos ou urbanos (realizados ou non), primeiro, constitúen o reflexo de boa parte dos intereses, valores, aspiracións individuais e colectivas, así como as mentalidades da súa época; e segundo, inflúen e inspiran a construción e os deseños urbanos posteriores. Deste xeito, a imaxinación xeográfica e o pensamento utópico especulativo, mediante a súa materialización, principalmente en proxectos, convértense en dispositivos que nos axudan a concibir alternativas urbanas adaptables para a resolución dos problemas contemporáneos das nosas cidades.

Estas xornadas procuran amosar os resultados sobre as investigacións de diferentes proxectos arquitectónicos e urbanos contemporáneos soñados para os espazos urbanos galegos e que non chegaron a desenvolverse. Asemade, xuntamos a unha serie de investigadores de recoñecido prestixio internacional para reflexionarmos sobre as diferentes dimensións do pensamento utópico centrado nos nosos espazos urbanos. Afondamos na cuestión do estudo das utopías arquitectónicas e as tendencias observadas na concepción e deseño de proxectos que están marcados polo emprego das ferramentas nacidas na acelerada revolución das tecnoloxías dixitais. Ademais, reflexionamos sobre novas visións e aproximacións ás cuestións urbanas derivadas das transformacións na dimensión afectiva e emocional que está mediada pola expansión da dixitalización. Por outra banda, abordamos as utopías da gobernanza urbana para imaxinar modelos alternativos para a regulación da economía de plataformas características da fase do capitalismo financeirizado. Finalmente, ofrecemos unha discusión aberta á cidadanía e aos axentes urbanos sobre a necesidade de fomentar diferentes modos de pensamento utópico especulativo en común, para desenvolver novas visións urbanas que nos conduzan a cidades e espazos urbanos máis xustos e vivibles no futuro.

Inscrición obligatoria ás xornadas cubrindo o seguinte formulario


Organizan: 

Grupo de Investigación IDEAHS (Universidade de Santiago de Compostela)

Proxecto ARSOGAL-SFU: Viviana Buitrón Cañadas, Alejandro Otero Varela, Aránzazu Pérez Indaverea, Yolanda Pérez Sánchez, Jesús Ángel Sánchez García, Cibrán Tenreiro Uzal e José Ignacio Vila Vázquez

 

Programa

7 de maio. Sala de Profesorado da Facultade de Xeografía e Historia

10:00-10:15  Presentación das xornadas, profesores Jesús Ángel Sánchez García, coordinador do grupo iDEAHS, e José Ignacio Vila Vázquez, coordinador do Seminario de Futuros Urbanos.

10:15-11:15 Monica Degen (Brunel University of London): The power of urban aesthetics: sensations, digital technologies and urban redevelopment. Modera José Ignacio Vila Vázquez.

11:15-11:45 Pausa

11:45-12:45 Dario Negueruela (Max-Planck Society/University of Zurich): The Anticipated City: AI Foundation Models as Archives of Urban Expectation. Modera Jesús Ángel Sánchez García.

12:45-14:00 Comunicacións ARSOGAL - SFU. Modera Viviana Buitrón Cañadas

12:45-12:55 Jesús Ángel Sánchez García (USC e proxecto ARSOGAL): Reconsideración dunha utopía anti-moderna: Antonio Palacios e a Rúa Galicia para Santiago de Compostela (1932).

12:55-13:05 Cibrán Tenreiro Uzal (USC e SFU): Conflitos e imaxinación xeográfica na música galega contemporánea.

13:05-13:15 Daniel Lucas Teijeiro Mosquera (Proxecto ARSOGAL): Utopías industriais na Coruña de Posguerra: a ZICSA e o frustrado proxecto sobre a Ría do Burgo (1947).

13:15-13:25 José Ignacio Vila Vázquez (USC, ANTE-IDEGA e SFU): Aprendendo dun simulacro de proxecto paisaxístico nacional: a concepción do espazo público do Bosque de Galicia.

13:25-13:35 Aránzazu Pérez Indaverea e Yolanda Pérez Sánchez (Proxecto ARSOGAL): A pegada do invisible: dous proxectos non realizados de Pascuala Campos e Myriam Goluboff.

 

16:30-17:30 Gizem Deniz Güneri (Middle East Technical University, Ankara): Utopias of Undoing (Architecture). Modera Aránzazu Pérez Indaverea.

17:30-18:00 Pausa

18:00-19:00 Francesca Artioli (École d’Urbanisme de Paris - Université Paris Est-Créteil): From the Promise of Platforms to Urban Discontent: The Rise and Regulation of Short-Term Rentals in European Cities. Modera Yolanda Pérez Sánchez.

19:00-20:00 Mesa redonda cos relatores. Moderan Yolanda Pérez Sánchez e José Ignacio Vila.

 

8 de maio. Aula 2 da Facultade de Xeografía e Historia

9:00-10:30 Obradoiro Digital Technologies, Senses and the City: Researching the Urban Aesthetic of Santiago con Mónica Degen.

Saída urbana. Inicio na porta principal da Facultade de Xeografía e Historia

11:00-14:00 Visita da Cidade da Cultura de Galicia.

16:30 -18:00 Visita do centro de Santiago de Compostela.