Ideahs

Curso de Verán 2026: Novas aproximacións ás artes e ao pensamento: facer en plural

Curso de Verán 2026: Novas aproximacións ás artes e ao pensamento: facer en plural

Do 29 ao 31 de xullo de 2026, 9:00

Centro de Estudos Avanzados (CEA), Parque de Vista Alegre

É ben sabido que a idea do artista individual como xenio desconectado da sociedade procede da mitoloxía romántica e ten pouco que ver coa realidade. Sen embargo, esta visión da creación segue a nutrir as aproximacións habituais a moitas figuras históricas, como demostrou recentemente o exitoso filme Oppenheimer (Christopher Nolan, 2024). A precocidade de Mozart, a sordeira de Beethoven, a loucura de Nietzsche e de Artaud, a angustia de Kierkegaard, a homosexualidade de Wittgenstein, o alcoholismo de Pollock, a enfermidade de Kahlo ou o asesinato de Mendieta son empregados como recursos mitoloxizantes que enxalzan a determinadas figuras a partir das particularidades das súas vidas, individualizando o seu traballo dende o biografismo radical e descontextualizándoo dun contexto social de produción colectiva que sempre existiu na arte, na ciencia e no pensamento. 

Esta visión da creación é perpetuada polos programas docentes das universidades, pois toda a ordenación histórica de estilos e poéticas parte dunha atribución de xenialidade ao xesto disruptor do artista individual que despraza os códigos da creación cara novas direccións. Malia que é unha tentativa en curso, cambiar o relato docente de forma radical é moi complexo, pois implicaría unha transformación radical das formas de contar a historia da arte e do pensamento. É por esta razón que este curso de verán se presenta como un modo de contribuir á reelaboración do relato histórico e ao pensamento crítico.

Alén de proveer un relato alternativo con respecto ás formas de narrar propias dos programas académicos sobre arte, cultura e pensamento, este curso aspira a contribuir á disolución de barreiras disciplinares e á transversalidade académica.

 

A asistencia ao curso require matrícula previa, que poderá formalizarse a través da seguinte ligazón ata o 17 de xuño.

Toda persoa inscrita no curso que cumpra cunha asistencia mínima do 80% das horas lectivas recibirá un diploma acreditativo. Así mesmo, o curso será recoñecido pola USC para os efectos de 1 crédito ECTS nas titulacións de grao, dirixido ao estudantado da USC matriculado nun grao no momento de realización do curso, sempre que cumpra coa asistencia mínima do 80% das horas lectivas.

Prezo xeral da matrícula: 70 €

Prezo reducido da matrícula aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC: 40 €

 

Programa

Mércores 29 de xullo. Centro de Estudos Avanzados (CEA)

9:00-9:30 Presentación do curso por Sergio Meijide Casas e Guillermo Rodríguez Alonso

9:30-11:00 Procesos afectivos na arte contemporáneaRut Martínez Hernández

11:00-11:30 Pausa

11:30-13:00 Colectivizar o goce: reimaxinacións queer da educación dos afectos desde a free party, aixa permuy

15:00-16:30 Experimentación estética tras a morte do suxeitoGonzalo Ramos Pérez

16:30-17:00 Pausa

17:00-18:30 A sociabilidade estética negra: para un pensamento orientado ao realBrais Estévez Vilariño e Andrea Núñez Casal

 

Xoves 30 de xullo. Centro de Estudos Avanzados (CEA)

9:30-11:00 Iconoclasia, artivismo e procesos de enunciación colectivaMiguel Alfonso Bouhaben

11:00-11:30 Pausa

11:30-13:00 Da creación colectiva ás comunidades como creadoras: autoedición, arte popular e guerrilla gráficaMaría Gil Martínez

15:00-16:00 Memoria e modernidade; escola e comunidade. Sargadelos e o Laboratorio de Formas de GaliciaPablo García Martínez

16:00-17:30 Apuntes para unha Historia complexa da arte galega recenteDaniel López Abel

17:30-18:00 Pausa

18:00-19:30 Un papel para cada quen. As escenas musicais galegas como sistemas creativosCibrán Tenreiro Uzal

 

Venres 31 de xullo. Centro de Estudos Avanzados (CEA)

9:00-11:30 Do cinema amateur ao militante: Colectivos de filmación na Galiza dos anos 70Xan Gómez Viñas

11:30-12:00 Pausa

12:00-14:30 A creación colectiva a debateSesión de clausura animada polas organizadoras