II Encontros sobre patrimonio construído: Proxecto e cidade histórica. Conmemoración do I SIAC
Venres 10 de abril de 2026, 10.00
Paraninfo. Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela
Co gallo do cincuenta aniversario do Seminario Internacional de Arquitectura em Compostela (1976), a Facultade de Xeografía e Historia que acolleu o seminario será a sede da segunda edición dos Encontros sobre Patrimonio Construído que pretenden ser unha celebración e actualización do espírito do SIAC.
Con especialistas de todo o Estado e persoal investigador mozo e consolidado do grupo IDEAHS da USC e a ETSAC da UDC, o Encontro constará de diferentes intervencións sobre a cidade histórica, quer desde unha perspectiva historiográfica, quer metodolóxica, así como sobre a presenza do gran protagonista do SIAC, Aldo Rossi, cos contextos galego e español. Neste sentido, a mesa redonda O primeiro SIAC, cincuenta anos despois, contará coa presenza de Pablo Tomé Ferreiro, Xosé Freire Corzo e Carlos Almuíña Díaz, arquitectos participantes do SIAC, e os especialistas neste contexto Victoriano Sáinz Gutiérrez, Carolina B. García-Estévez e Santiago Rodríguez Caramés. Ademais, o Encontro contará coa participación de Xerardo Estévez e Alfonso Mesa coa conferencia plenaria Ceo e Terra.
Pódese solicitar certificado de asistencia cubrindo o seguinte formulario: https://forms.cloud.microsoft/Pages/DesignPageV2.aspx?prevorigin=Marketing&origin=NeoPortalPage&subpage=design&id=PuqhzrJgdU-mwqYCLo-WG5VlMNm7fPJMlyZsDdxka3JUNzdCU1RUVVFSRzFPTFZCQjVZV1o2NTA1Ty4u&topview=Prefill
Organizan:
Grupo de Investigación IDEAHS (Universidade de Santiago de Compostela)
Escola Técnica Superior de Arquitectura (Universidade da Coruña)
Programa
10.00 Inauguración (coordinador do grupo IDEAHS e director da ETSAC)
10:30 Victoriano Sáinz Gutiérrez: Aldo Rossi y España: un continuo viajar
11:00 Alejandro Otero García-Brabo. Un enfoque de microhistoria urbana: plaza do Campo o de Cervantes
11:20 Manuel Domínguez Calvo: Intervenciones modernas en la plaza del Obradoiro
11:45 Pausa-Café
12:15 Carolina B. García-Estévez: «Querida imaginación... que no perdonas». Aldo Rossi desde Barcelona
12:45 Alberto Campos Baamonde: Orígenes de la arquitectura posmoderna de Galicia
13:05 Daniel Lucas Teijeiro Mosquera: Extincións da arquitectura popular galega no século XX: o conxunto histórico de Betanzos e a súa ribeira fluvial
13:25 Juan A. Caridad Graña: El SIAC como recurso docente en Historia de la Arquitectura
14:00 Pausa-Xantar
16:00 Santiago Rodríguez Caramés: «Io amo Santiago con timidezza e gelosia»: Rossi en Compostela (1966-1997)
16:30 María Garrote Recarey: Allariz. Paradigma contemporáneo de recuperación patrimonial
16:50 Francesco Aresti: A Coruña y la Torre de Hércules: procesos de patrimonialización y representaciones culturales
17:10 Mesa redonda – O primeiro SIAC, cincuenta anos despois
Con Pablo Tomé Ferreiro, Xosé Freire Corzo, Carlos Almuíña Díaz, Victoriano Sáinz Gutiérrez, Carolina B. García-Estévez e Santiago Rodríguez Caramés
18.30 Pausa-Café
19:00 Conferencia de clausura – Xerardo Estévez e Alfonso Salgado: Ceo e Terra