
Membro
Guillermo Rodriguez-Alonso
Guillermo Rodríguez Alonso é investigador postdoctoral no departamento de Filosofía e Antropoloxía da Universidade de Santiago de CompostelaGraduado en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, mestrado en Estudos Comparados en Filosofía, Arte e Literatura pola Universidade Pompeu Fabra de Barcelona e doutor en Filosofía Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa investigación explora os espazos liminais onde a arte, a filosofía e a tecnoloxía converxen. A súa tese doutoral, A hipótese alagmática: ontoloxía da individuación no pensamento de Gilbert Simondon, é un estudo monográfico da filosofía de Simondon, con especial énfase na relación entre a súa filosofía da natureza (ontoloxía xenética) e a súa filosofía da cibernética. Ten publicado en varias revistas e editoriais nacionais e internacionais sobre temas relacionados coa filosofía, a arte e a tecnoloxía. Paralelamente ao seu traballo académico, realiza tarefas de comisariado de exposicións de arte contemporánea para a Universidade de Santiago e colabora con diversas institucións culturais e de investigación. Actualmente está a realizar unha investigación posdoutoral sobre filosofía hacker, filosofía da tecnoloxía e arte contemporánea.