
IFP
Jennifer Novoa Domínguez
Jennifer Novoa Domínguez (Allariz, 1994) é Historiadora da Arte (USC) e Técnica Superior en Artes Plásticas e Deseño en Fotografía (EASD Antonio Faílde). Posúe un mestrado en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte (USC). É contratada predoutoral no Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, dentro do grupo IDEAHS (GI-1510), onde compaxina a actividade docente coa carreira investigadora. Ademais, forma parte do proxecto nacional Performatividade do monumento. Percepción social e intervencións sobre a arte pública en España e Portugal desde 1950 (PERMORIA) e realizou unha estadía de investigación no History and Theory of Photography Research Centre da Universidade de Birkbeck en Londres. A súa tese doutoral céntrase no estudo das fotógrafas na segunda metade do século XX en Galicia. Así mesmo, está interesada na teoría feminista aplicada á historiografía da arte, a teoría e estética da imaxe, e a investigación dos procesos creativos a través da experimentación coa imaxe e a escrita. Contribuíu en congresos internacionais e publicacións de alto impacto como a revista Arte, Individuo y Sociedad, onde publicou o artigo titulado “La fotografía es un lenguaje silencioso: entrevista a Anna Turbau”. Ademais, é coautora do libro Territorios Fotográficos, no que achega o capítulo titulado “La caja de galletas: el baúl de fotografías familiar como contenedor de la memoria”.