
Investigación en formación e perfecionamento
María Rodríguez Senra
María Rodríguez Senra é investigadora predoutoral no Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela en beneficio dun contrato no marco de Axudas de Apoio á Etapa Predoutoral da Xunta de Galicia (convocatoria do 2025). É graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2023) e está especializada en Espazos de Conservación e Exhibición do Patrimonio Artístico e en Arte e Mercado polo Mestrado Interuniversitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela xunto coa Universidade de Las Palmas de Gran Canaria (2024).
Actualmente está a realizar a súa tese de doutoramento sobre a pintura mural nas igrexas galegas do século XVI baixo a dirección de Miguel Taín Guzmán, formando parte do grupo GI-1510 Investigación e Desenvolvemento en Artes e Humanidades da Universidade de Compostela (USC-IDEAHS).
O pasado ano 2023 recibiu o VI Premio a Traballos Fin de Grao e Traballos Fin de Máster sobre o Camiño de Santiago e das Peregrinacións outorgado pola Cátedra Institucional do Camiño de Santiago e das Peregrinacións e a Universidade de Santiago de Compostela. Este feito permitiulle participar nas XV Leccións Xacobeas Internacionais da USC e a publicación do seu primeiro artigo no Institut de Recherche Jacquaire (2024).