Ideahs

Miguel Alcalde Silveira

IFP

Miguel Alcalde Silveira

Son graduado en Filoloxía Clásica, con minor en Estudos da Literatura, pola Universidade de Santiago de Compostela, e cursei o Máster Universitario en Estudos da Literatura e a Cultura (USC). Actualmente son estudante predoutoral no programa homónimo da mesma universidade cunha tese titulada «Queerizar a Almodóvar. Hacia una poética desnaturalizadora de la cisheteronorma» e dirixida por Anxo Abuín González (USC) e Maria M. Delgado (Royal Centre School of Speech and Drama, University of London). Na miña tese de doutoramento desenvolvo unha metodoloxía queer de análise cinematográfica coa intención de mellorar a comprensión e hermenéutica do cine queer internacional, ademais de poñela en práctica a través da filmografía de Pedro Almodóvar.

Son membro do grupo de traballo do proxecto PERFORMA3 «Teatro sin teatro: teoría y práctica del no-actor en la escena española contemporánea» (PID2023- 14349NB-I00), ao tempo que bolseiro en formación no proxecto Dicionarios de Literatura do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (Xunta de Galicia). En canto a contextos extra/para-universitarios, formo parte da Rede Galega de Estudos Queer (RGEQ) e son membro do equipo organizador de CineFilo, o cineclub da Facultade de Filoloxía da USC. As miñas investigacións, presentadas en congresos e publicación nacionais e internacionais, parten das teorías queer e da socioloxía da cultura para profundar nos estudos fílmicos, teatrais e literarios, tanto do campo galego como do hispánico e do internacional.

Enlaces académicos

Redes sociais