Ideahs

Noa Rodríguez Rodríguez

Ifp

Noa Rodríguez Rodríguez

Noa Rodríguez Rodríguez (A Guarda, 2001) é investigadora predoutoral do Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela baixo un contrato de Apoio á Etapa Predoutoral da Xunta de Galicia. É graduada en Historia da Arte pola mesma universidade e está especializada en Espazos de Conservación e Exhibición do Patrimonio Artístico, e en Arte e Mercado polo Máster Interuniversitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte (USC–ULPGC).

Actualmente atópase realizando a súa tese doutoral sobre os entrelazamentos entre arte contemporánea e ecoloxía en Galicia dende a década de 1970. No ano 2025 recibiu o primeiro premio do programa ICARUS na categoría TFG/TFM en Artes e Humanidades polo seu Traballo Fin de Máster “Entre a Extinción e a Adaptación. Proxecto expositivo sobre arte e ecoloxía en Galicia”. Asimesmo, no marco dun convenio entre a USC e o Concello do Rosal, levou a cabo a investigación “Orixe e xenealoxías artísticas do retablo barroco de Santa Mariña do Rosal”, publicada no Núm. 33 (2026) da revista Imafronte. As súas liñas de interese céntranse na plástica contemporánea, nas prácticas medioambientais e especulativas, e os contextos cuturais situados.