Ideahs

Paula González Castro

IFP

Paula González Castro

Paula González Castro (Cabana de Bergantiños, 2001) é graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela e, especialista en Museos e Mercado da Arte trala realización do Máster en Xestión do Patrimonio, Museos e Mercado da Arte, coordinado pola Universidade de Santiago e a Universidade de Las Palmas de Gran Canaria a maiores de contar cun diploma de experto profesional en Tecnoloxías Avanzadas para a difusión do Patrimonio Cultura (UNED). Actualmente é contratada predoutoral no Departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, onde realiza a súa tese doutoral sobre a imaxe e identidade de Galicia na ilustración para publicacións na Península Ibérica e América Latina entre 1936 e 1975. Entre as súas liñas de investigación destacan temas vinculados coa produción gráfica, especialmente carteis, xornais e revistas producidos dende inicios a mediados do século XX en Galicia e América Latina. Así mesmo, e relacionado con este tipo de materiais, destaca o estudo da capacidade comunicadora como dos medios de masas, a experimentación dos artistas en canto a temas, estilos, formas e ideoloxías xunto ao seu desenvolvemento nos espazos públicos para os que foron producidos.

Enlaces externos