Presentación do libro El documental en España.
Historia, estética e identidad (Ed. Cátedra) e mesa redonda co coeditor e os/as autores/as da USC
Facultade de Xeografía e Historia, Aula 9, 15 de octubre a las 19:00h
Trátase de presentar e comentar o volume colectivo que foi recoñecido co Premio Muñoz Suay 2023 da Academia do Cine ao mellor traballo de investigación histórica sobre o cinema español e que contou coa participación de varios profesores das universidades galegas, nomeadamente da USC (Margarita Ledo Andión, Xosé Nogueira, Marta Pereiro e Iván Villarmea, xunto con Beli Martínez, da UVigo). O obxectivo principal, para alén da presentación en si, é dar a coñecer ao alumnado e aos asistentes en xeral as claves actuais para o estudo do documental no noso Estado, así como o recoñecemento das súas máis recentes evolucións e tendencias dentro do cada vez máis amplo e diverso panorama da non-ficción. Todo iso sen esquecer as distintas vertentes que esta práctica cinematográfica comporta, e que se incorporan ao subtítulo do libro: históricas, estéticas e identitarias.
Farase unha presentación do volume a cargo do seu coeditor, Casimiro Torreiro, para logo dar paso a unha mesa redonda e o conseguinte coloquio moderado por Xosé Nogueira, no que participarán os profesores da USC Marta Pereiro e Iván Villarmea, así como a produtora cinematográfica e profesora da Uvigo Beli Martínez.