Ideahs

PERFORMA3

Teatro sin teatro: Teoría y práctica del no-actor en la escena española contemporánea

  • Código: PID2023-149349NB-I00
  • Organismo financiador: Ministerio de Ciencia e Universidades
  • Tipo: Público; Concorrencia competitiva
  • Convocatoria: Generación del Conocimiento 2023
  • Programa: Para impulsar la Investigación Científico-Técnica y su Transferencia
  • Subprograma: Generación del Conocimiento
  • Duración: 01/09/2024-31/12/2028
  • Web: https://grupoperforma.wordpress.com/
  • Máis información: https://investigacion.usc.gal/proyectos/921380/detalle
  • IPs: Anxo Abuín González (USC) e Guadalupe Soria Tomás (UC3M)
  • Membros en IDEAHS: Anxo Abuín González (IP1); Xosé Nogueira Otero; Sonia García Muñoz (FPI PERFORMA3); Miguel Alcalde Silveira
  • Outros membros do equipo de investigación: Óscar Cornago Bernal (CSIC); Guadalupe Soria Tomás (UC3M); Mª Teresa Vilariño Picos (USC); Mª Ángeles Grande Rosales (UGR); Mª Ángeles Rodríguez Alonso (UM); Mª José Sánchez Montes (UGR); Cristina Oñoro Otero (UCM); Germán Sierra Pareces (USC); Mario de la Torre Espinosa (UGR); Mª Dolores Blasco Mena (UC3M); Mª Laura Ventura Páez (UC3M).
  • Outros membros do equipo de traballo: Eduardo Pérez-Rasilla (UC3M); Ana Contreras Elvira (RESAD); Mónica Rial Molanes (USC); María Bastianes (UCM); Verónica Ripoll León (ULL); Ana Isabel Sánchez Acevedo (US); José Manuel Querol Sanz (UC3M); Muriell Mundaca Trujillo (UC3M); Roque Fernández Alcañiz (USC); Emmanuelle Garnier (U. Toulouse-Jean Jaurès); Manuel Portela (U. De Coimbra); Maria M. Delgado (U. of London); Diana González (Aarhus U.); Fabrice Corrons (U. Toulouse-Jean Jaurès); Anne-Claire Yemsi Paillissé (U. Toulouse-Jean Jaurès); Belén Tortosa Pujante (U. de Strasbourg).

O Proxecto PERFORMA3 constitúese como a continuación natural dos predecesores PERFORMA «El teatro fuera del teatro. Performatividades contemporáneas en la era digital» (FFI2015-63746-P) (2016-2019) e PERFORMA2 «La metamorfosis del espectador en el teatro español actual» (PID2019-104402RB-I00) (2019-2024). Con este terceiro proxecto, completamos unha análise rigorosa do fenómeno escénico contemporáneo nos seus constituíntes fundamentais: espazo, espectador e actor. Así pois, PERFORMA3 xorde da necesidade de preguntarnos polos cambios que os espazos non convencionais e os novos modelos de expectación demandan na teatralidade ou na falta desta (entendida dunha maneira tradicional) e na forma de actuación dos executantes ou performers da actividade escénica.

O abandono ou a superación do espazo como caixa escénica, así como da súa concepción como territorio autónomo que relegaba ao espectador á pasividade, comportou inevitablemente un cambio nos modos de actuación, que xa non acepta sen reservas a plena identificación do actor e do personaxe senón que, en xusta correspondencia coa súa renuncia á mirada inocente, aspira a un cuestionamento dos procedementos actorais e á supresión dunha posición xerárquica (alomenos, momentánea) do actor sobre o espectador.

O tradicional entendemento da actuación como proceso verosímil de representación dun personaxe xa non resulta operativo (polo menos sen numerosos matices ou excepcións) no contexto derivado do xiro performativo das artes escénicas, que levou consigo un traballo de desmitificación do traballo actoral. Desta maneira, atopámonos ante unha paisaxe na que aparecen múltiples figuras e prácticas interpretativas que, como no caso da performance delegada, se asentan na irrupción do real en escena e nunha nova relación do intérprete coas súas funcións, que en ocasións chegan incluso a imposibilitar o emprego de actores profesionais. É así como se fai preciso afondar nas particularidades e potenciais tipoloxías de non-actores: desde os tradicionalmente coñecidos como actores naturais ou non-profesionais, até casos menos atendidos, como os bonecos inertes e outros obxectos, ademais das peculiaridades e problemáticas específicas do uso de nenos ou animais en escena.