Ideahs

Sergio Meijide Casas

Miembro

Sergio Meijide Casas

Sergio Meijide Casas é investigador posdoutoral no departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela. É graduado en Historia da Arte (Universidade de Santiago de Compostela) e tamén en Filosofía (Universidad Nacional de Educación a Distancia), máster en Estudos Comparados de Literatura, Arte e Pensamiento (Universitat Pompeu Fabra) e doutor en Historia da Arte (Universidade de Santiago de Compostela) cunha tese sobre a relación entre arte e filosofía no pensamento de Jean-François Lyotard.

As súas investigacións enmárcanse no campo da Estética e a Teoría da Arte. Ten publicado en revistas de alto impacto, comisariado exposicións, organizado e participado en numerosos congresos internacionais e realizado estadías de investigación na École des hautes études en sciences sociales de París, a Leeds Beckett University e a Universidade do Porto. Ademáis, colabora en proxectos de investigación e con diferentes institucións museísticas. É co-editor de Ruinas y descampados. Contra-historia del paisaje, 1 (Abada, 2024) e Gestión y autogestión del arte. Experiencias y perspectivas actuales (Abada, no prelo). Foi gañador do VII Premio CGAC e investigación e ensaio sobre arte contemporánea. Próximamente verá a luz o seu primeiro libro monográfico sobre Jean-François Lyotard.