Ficcións especulativas
16/10/2025 - 28/02/2025 | Salón artesoado de fonseca.
Se Borges dicía que a filosofía é un xénero da literatura fantástica, agora a arte se converteu nun xénero da ciencia ficción.

Ao respecto, nas pasadas dúas décadas non teñen sido poucos os creadores que especularon coa posibilidade de que esas ficcións oraculares e futuristas funcionasen como dispositivos; dispositivos capaces de reunir fragmentos dispersos do presente e o pasado cos que ler o emerxente e o que está por vir.
Como Leonora Carrington, os situacionistas ou Ursula K. Leguin mostraron antes, ese futuro sempre será como se soñe o presente e o pasado. De aí, o papel que as técnicas de visión proxectiva e os resultantes imaxinarios poden xogar.
A partir desas ideas, esta exposición reúne as obras dunha serie de artistas que, ou coquetean con técnicas oraculares posthumanas, ou reúnen intuicións científicas ou de ciencia ficción sobre eses futuros nos que todos estamos a participar.