
Membro
Iván Moure Pazos
Son un ensaísta e historiador da arte compostelán de ascendencia andaluza (Ayamonte), influen- ciado pola obra de Juan Antonio Ramírez, Ángel González García e Mauricio Wiesenthal. No ano 2011 doutoreime cunha tese sobre o Conde de Lautréamont e a arte surrealista na Universidade de Santiago de Compostela, dirixida polos profesores Federico López Silvestre e Darío Villanueva Prieto. Dende o ano 2023 exerzo como Profesor Titular de Historia da Arte na mesma casa de estudos. Previamente traballei en calidade de investigador e docente en varios centros estranxei- ros de interese: no Istituto di Studi Superiori da Università di Bologna (2011-2015), no Centro de Investigação em Arquitetura, Urbanismo e Design da Faculdade de Arquitetura da Universidade de Lisboa (2015-2016) e no Departamento de Filosofía da Universidad de Salamanca (2020- 2021). Son autor de máis de medio centenar de Publicacións Científicas, algunhas delas viron a luz en editoriais renombradas de EEUU, Canadá, Inglaterra ou Italia. Recentemente editei e prologuei a edición española do último libro de Raffaele Milani, Albe di un nuovo sentire. La condizione neocomtemplativa (Il Mulino 2020), publicado pola PUZ. Así mesmo, e como é preceptivo, desempeñeime como conferenciante en numerosos Seminarios e Congresos Nacionais e Internacionais. Tamén dirixín o Proxecto de Investigación CEAI. Canon Europeo de Arquitectura Indiana e desfrutei formando parte doutros Proxectos Nacionais e Internacionais, liderados por algúns compañeiros, como os profesores Giovanna Franci (†) e Raffaele Milani, Fernando José Carneiro Moreira da Silva, Elena Lamberti, Federico López Silvestre, Miguel Anxo Rodríguez González, Stefania Rösll, Jesús Ángel Sánchez García e Alfredo Vigo Trasancos. Tamén colaborei con revistas de gran prestixio e longo alcance mediático como Arquitectura Viva (fund. Luis Fernández-Galiano), Claves de Razón Práctica (fund. Fernando Savater), Turia (fund. Raúl Carlos Maícas), Storia dell ́Arte (fund. Giulio Carlo Argan), Revista de Occidente (fund. José Ortega e Gasset) e The Public Domain Review (fund. Adam Green & Hunter Dukes).
Enlaces académicos
- ORCID: 0009-0004-0405-9672
- ResearchGate
- Dialnet
- Scopus
- ResearchID (Web of Science)
- Redalyc
- Perfil de investigador/a da USC