Ideahs

Las fisuras del antropoceno en el cine de terror de plagas

No marco das actividades organizadas polo grupo IDEAHS en parcería coa Vicerreitoría de Cultura da USC, Paula Bruna impartirá a conferencia «Las fisuras del antropoceno en el cine de terror de plagas» o martes 7 de outubro ás 19.00 na Sala Hipatia da Facultade de Filosofía.

Paula Bruna é unha artista e ambientóloga que investiga as relacións entre as sociedades humanas e a súa contorna ecolóxica desde perspectivas non humanas, utilizando unha combinación de ciencia, ficción especulativa e prácticas artísticas. No seu proxecto Plantoceno, Bruna propón unha narrativa alternativa ao Antropoceno, enfocándose na confrontación entre o reino vexetal e a sociedade humana. O proxecto cuestiona a hexemonía humana e formula imaxes que evocan un escenario posthumano, suxerindo a existencia dunha era xeolóxica ficcionada centrada nas plantas. Ademais, Bruna ten explorado o cinema de terror de plagas, analizando como este xénero cinematográfico reflicte e reforza o antropocentrismo. En traballos como Insectos, arañas y otros seres terroríficos, examina as fendas do antropocentrismo e o reto do xiro ecocentrista tras o cinema de terror de plagas.

A través destas investigacións, Bruna busca ampliar a conciencia ecolóxica e abrir novas formas de convivencia, desafiando as narrativas dominantes que sitúan o ser humano no centro do universo.