
IFP
María Gil Martínez
María Gil Martínez é investigadora predoutoral na Universidade de Santiago de Compostela, beneficiaria das Axudas de Apoio á Etapa Predoutoral da Xunta de Galicia (2021) e, na actualidade, das Axudas de Formación del Profesorado Universitario (FPU20, 2021). É graduada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (2019), con Premio Extraordinario Fin de Grao (USC) e Premio Fin de Carreira (Xunta de Galicia). Está especializada en Espazos de Conservación e Exhibición do Patrimonio Artístico e Arte e Mercado polo Mestrado Interuniversitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte (2020, USC-ULPGC). Tras el, obtivo a Beca Santander Progreso 2020-2021.
Realiza a súa tese de doutoramento no Departamento de Historia da Arte sobre arte gráfica en Galicia, como investigadora en formación e perfeccionamento dentro do grupo IDEAHS (GI-1510). É parte do equipo de traballo do proxecto nacional PERMORIA (PID2023-149178NB-I00), financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación pola modalidade Generación de Conocimiento 2023, e tamén o foi do proxecto nacional DEPARQ (PID2020-112921GB-I00), da modalidade Generación de Conocimiento 2020. Ao tempo, realizou estadías de investigación no Instituto de Investigação em Arte, Design e Sociedade (i2ADS) da Faculdade de Belas Artes da Universidade do Porto (FBAUP) e na Faculty of Arts and Humanities da University of Reading, dentro do Department of History.
Participou en congresos nacionais e internacionais en relación coas súas liñas de investigación —a arte gráfica, as relacións entre arte e política, e os cultural studies—, así como outros temas: os procesos de edición en arte contemporánea e a arte conceptual nos noventa na súa vinculación coa linguaxe. Traballou sobre estes temas en publicacións indexadas (artigos e capítulos de libro) e de divulgación científica. Tamén foi organizadora de diversas actividades e eventos de difusión científica, como xornadas e seminarios, e comisaria da exposición Un rastro de furia e algas (Colexio de Fonseca), xunto con Federico L. Silvestre e Sergio Meijide Casas.
Ten experiencia profesional como educadora en artes plásticas e foi voluntaria en proxectos de mediación artística e xestión cultural. Ademais, participou en diferentes tipos de actividades artísticas, como exposicións e performances, e é organizadora do festival de autoedición y banda deseñada independente FUN FUN FUN. Foi galardoada en concursos literarios, sendo seleccionada para a Residencia Literaria da Cidade da Cultura (2021).