
Colaborador externo
Pedro de Llano Neira
Pedro de Llano Neira é profesor no departamento de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela e comisario. Desde 2025 coordina o máster en “Xestión da arte e o patrimonio cultural” no departamento de Historia da Arte da USC.
Dedicou a súa tese doutoral á crítica materialista de Clement Greenberg (2009). O seu proxecto posdoctoral estudou os diálogos transatlánticos entre Europa e América, no contexto das diversas prácticas conceptuais dos sesenta e setenta, a través de investigacións dedicadas a artistas como Bas Jan Ader, Dan Graham, John Knight, David Lamelas e Maria Nordman. Este proxecto desenvolveuse no Getty Research Institute e o Institute of Fine Arts da NYU.
En paralelo, o seu traballo prestou atención aos debates contemporáneos relacionados coa crítica institucional, a memoria histórica, as prácticas decoloniales e a ecoloxía política, desde o punto de vista de comunidades periféricas e minorizadas, en exposicións e publicacións como O medio é o museo (2008), A balea negra (2012), Caldeireiros (2012), con Mauro Cerqueira, ou El largo camino a Xico (2015), coa artista María Thereza Alves. En 2017 obtivo unha bolsa, xunto coa comisaria Estelle Nabeyrat, para investigar aos artistas no exilio na colección do Centre National d´Arts Plastiques (CNAP), en París.
Enlaces académicos
- ORCID: 0000-0002-9805-8918
- Academia.edu
- Dialnet
- ResearchID (Web of Science)