Ideahs

Santiago Rodríguez Caramés

Colaborador externo

Santiago Rodríguez Caramés

Santiago Rodríguez Caramés é profesor asociado tipo-3 na área de Historia da Arte do Departamento de Humanidades da Universidade da Coruña e colaborador externo do grupo GI-1510 Investigación e Desenvolvemento en Artes e Humanidades da Universidade de Santiago de Compostela (USC-IDEAHS).

É graduado en Historia da Arte (2012–2016) e Máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional e Ensino de Idiomas (2016-2017), ambas titulacións cursadas na Universidade de Santiago de Compostela. Nesta institución desenvolveu a súa tese de doutoramento intitulada O lugar da arquitectura galega contemporánea (1970-2000): autorreflexións e olladas vernáculas. Teoría, historiografía, praxe sob a dirección de Jesús Ángel Sánchez García e que foi defendida en abril de 2023. Durante a súa etapa predoutoral contou cun contrato no marco do Programa de Formación do Profesorado Universitario (convocatoria de 2017) do Ministerio de Universidades. Así mesmo, realizou unha estancia de investigación no Centro de Investigação Transdisciplinar «Cultura, Espaço, Memória» (CITCEM) da Facultade de Letras da Universidade do Porto.

Como especialista en arquitectura contemporánea, ten participado en obras colectivas como Antonio Palacios: soños de modernidade, compromiso con Galicia (Museo do Mar de Galicia, 2020), Efímero y virtual: rescates digitales de artefactos provisionales (Universidad de Jaén, 2022), Arquitecturas añoradas: memoria gráfica del patrimonio destruido en Galicia en el siglo XX (Trea, 2023) e História da Arquitetura. Perspetivas Temáticas (III). A Rua na Estrutura Urbana (CITCEM, Santa Casa da Misericórdia do Porto, 2024).

Entre as súas publicacións en revistas indexadas en Scopus e Web of Science destacan a súa inclusión no número especial sobre o 25 aniversario do Museo Guggenheim en Espacio, tiempo, forma. Serie VII Historia del arte (nº 10, 2022), Quintana: revista do Departamento de Historia da Arte (nº 22, 2023) e RA. Revista de arquitectura (nº 26, 2024), así como os traballos aceptados e pendentes de publicación en Cuadernos de estudios gallegos (nº 138, 2025) e Boletín de arte (nº 47, 2025). Tamén publicou noutras revistas científicas e de divulgación como Mazarelos (nº 2 e 3, 2020), Glaucopis (nº 26, 2021; e nº 29, 2024), Sémata (nº 34, 2022), Varia (nº 4, 2023) e Anuário: textos completos do Caseto...em claracorbelhe.gal (nº 2, 2024).

No relativo a congresos, xornadas e seminarios, cómpre destacar o Congreso Internacional «A rua na estrutura urbana: 500 anos da Rua das Flores» (Porto, 2021), organizado polo CITCEM (UPorto); «Fiesta y Humanidades Digitales. Propuestas virtuales de artes efímeras» (Madrid, 2022), organizado pola Universidade Nacional de Educación a Distancia; ou a 15th Conference of the European Association for Urban History (Antuerpen, 2022), organizada pola EAUH e a Universiteit Antwerpen.

No marco de proxectos de investigación colectivos, o investigador formou parte como membro do equipo de traballo nas axudas de Consolidación da Xunta de Galicia (2020–2022) para Grupos con Potencial de Crecemento (ED431B 2020/41); e, financiados polo programa Xeración do Coñecemento (convocatorias de 2019, 2022 e 2023, respectivamente) da Axencia Estatal de Investigación, nos proxectos MEPAGAL (PID2019-105009GB-I00), ARSOGAL (PID2022-137098NB-I00) e PERMORIA (PID2023-149178NB-I00).

Redes sociais